Campamentos de Arqueología entre las actividades de verano de la Red Museística de Lugo
16/6/07 .- Museo Provincial de Lugo
Campamentos de Arqueología entre las actividades de verano de la Red Museística de Lugo
VERÁN 2007
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
Inscricións: A partir do luns, 18 de xuño, ás 10, 30 h.
Máis informacion no teléfono 982 242112
Museo Provincial de Lugo
Museo Etnográfico San Paio de Narla
Museo Provincial do Mar
Pazo de Tor
Os museos da Rede Museística da Excma. Deputación Provincial de Lugo
(Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Etnográfico San
Paio de Narla e Pazo de Tor) programan diversas actividades para o Verán
2007:
Obradoiros de cerámica, xoias, canto, baile, deseño... e os Campamentos
de Arqueoloxía en todos os Museos da Rede
Moita máis información no PROGRAMA:
Os Departamentos de Didáctica e de Comunicación e TIC da Rede Museística Provincial, integrada polos catro museos dependentes da Excma. Deputación Provincial de Lugo, tentan satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e, ao cabo, a cultura.
O Campamento de Arqueoloxía, que tanta demanda xerou nas edicións pasadas, chega á súa cuarta edición no Museo Provincial de Lugo, á segunda no Museo Provincial do Mar e comeza andaina tanto no Pazo de Tor como no Museo Etnográfico de San Paio de Narla. Os obxectivos, ademais do de gozar dunha actividade ao aire libre, consisten en experimentar e valorar os traballos arqueolóxicos como fonte de coñecemento sobre os que nos precederon. En cidades coma Lugo, ou nas contornas do resto dos museos da Rede Museística, cun esplendoroso pasado, é moi importante concienciar e sensibilizar ás novas xeracións sobre este particular.
Os obradoiros da Canteira de creadores continúan adiante, trala fabulosa acollida do verán pasado, con outros tantos profesionais de diferentes disciplinas que van compartir o seu saber cos participantes. Pretendemos estimular entre os máis novos o interese polos procesos creativos, que os descubran e que gocen dando forma a ideas e inquedanzas. Todas as persoas que interveñen como mestres contan con longa e recoñecida experiencia tanto no campo creativo como no da didáctica, o que garante os resultados desta proposta.
Ademais, queremos invitalos a participar noutras actividades que se van desenvolver neste período vacacional como Un museo por dentro para que coñezan os museos da Rede, as revistas orais Pazo das musas e A voz dos carraos, exposicións, teatro e outras propostas entre as que, por suposto, tamén está convidalos a visitar e desfrutar as coleccións que se amosan nas distintas salas dos catro museos da Rede Museística Provincial.
Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n. 27001 Lugo / Tfno.: 982 242112 / Fax: 982 240240 / info@museolugo.org / www.museolugo.org
Horario: De luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h. Sábados, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h. Domingos e festivos, de 11 a 12 h.
Entrada gratuíta
IV CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA
Director: Enrique Alcorta Irastorza, arqueólogo.
Coordina. Lucía Dequidt Lagares, Departamento de Didáctica
Idades: De 9 a 13 anos
Horario: De 11,30 a 13,30 horas.
Prazas: 30 participantes en cada quenda.
1ª quenda: 6 días (16, 17, 18, 19, 20 e 21 de xullo).
2ª quenda: 6 días (27, 28, 29, 30, 31 de agosto, e 1 de setembro).
Nota: Os participantes deberán ir provistos de vestimenta axeitada para traballar con terra (botas, roupa vella, gorra para o sol, ...etc.). As luvas e demais material necesario corren a cargo do museo.
II CANTEIRA DE CREADORES DE CULTURA
1.-Obradoiro: Arte africana
Mestra: Mª del Rosario Fernández, Técnico do Museo
Idades: De 7 a 11 anos
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 12 participantes por quenda
Quendas:
1ª quenda:: 2 días (2 e 3 de xullo).
2ª quenda:: 2 días (4 e 5 de xullo).
3ª quenda:: 2 días (20 e 21 de agosto).
4ª quenda:: 2 días (23 e 24 de agosto).
2.- Obradoiro: Canto e percusión.
Mestre: Antón Castro, músico e mestre.
Datas: 9, 10, 11, 12 e 13 de xullo de 2007.
Idades: De 9 a 12 anos
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 12 participantes.
3.- Obradoiro: Deseño con enxeño.
Mestre: Manuel A. Martínez e Christian Gutiérrez, deseñadores.
Idades: De 5 a 8 anos
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 12 participantes.
1ª quenda:: 2 días (12 e 13 de xullo).
2ª quenda:: 2 días (23 e 24 de xullo).
4.-Obradoiro: Embarrados.
Mestre: Caxigueiro, ceramista.
Datas: 30 e 31 de xullo, 1, 2 e 3 de agosto de 2007.
Idades: De 9 a 13 anos
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 12 participantes
5.-Obradoiro: Enxóiate.
Mestre: Miguel Caamaño, xoieiro.
Datas: 6, 7, 8, 9 e 10 de agosto de 2007.
Idades: De 9 a 13 anos
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 12 participantes.
6- Obradoiro: Punta tacón
Mestre: Ángeles Pascual, monitora de baile tradicional.
Idades: De 5 a 8 anos
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 12 participantes.
1ª quenda:: 2 días (13 e 14 de agosto).
2ª quenda:: 2 días (16 e 17 de agosto).
7- Obradoiro: Un museo por dentro
Mestras: Encarna Lago e Raquel Guerrero.
Idades: Familias, adultos e menores de idade acompañados.
Datas: 6 de agosto de 2007.
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 50 participantes.
Museo Etnográfico San Paio de Narla
San Cibrao, Cervo (Lugo) Tfno.: 982 594572 / museodomarsc@terra.es
Horario de abril a setembro: De martes a venres, de 11 a 14 e de 17 a 20 h.; Sábados, domingos e festivos de 12 a 14 e de 17 a 20 h. Luns pechado.
Horario de outubro a marzo: De martes a venres, de 11 a 14 e de 16 a 18 h.; Sábados, domingos e festivos de 12 a 14 e de 16 a 18 h. Luns pechado
Entrada gratuíta
I CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA

Prazas: 25 participantes.
Quenda única: 5 días (3, 4, 5, 6 e 7 de xullo).

Obradoiro: Un museo por dentro
Mestras: Encarna Lago, Francisca Abuín e Raquel Guerrero.

Datas: 6 de xullo de 2007.
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 50 participantes.
Haberá servizo gratuíto de autobús dende Lugo. Saída: Rúa San Marcos (en fronte da Deputación) ás 11 horas; regreso ás 13,30 horas. É imprescindible facer a reserva no Tfno.: 982242112.

Horario de xuño a setembro: De martes a sábado, de 11 a 14 e de 17 a 20 h.; domingos e festivos de 11 a 14 h.
Horario de outubro a maio: De martes e sábado, de11 a 14 h. e de 16 a 19 h. domingos e festivos de 11 a 14 h. Luns pechado.
Entrada gratuíta
II CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA

Prazas: 20 participantes.
Quenda única: 5 días (10, 11, 12, 13 e 14 de xullo).

Mestras: Encarna Lago, Amelia Pernas e Raquel Guerrero.

Datas: 11 de xullo de 2007.
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 50 participantes.
Haberá servizo gratuíto de autobús dende Lugo. Saída: Rúa San Marcos (en fronte da Deputación) ás 9,30 horas; regreso ás 14,30 horas. É imprescindible facer a reserva no Tfno.: 982242112.
Pazo de Tor
Tor, Monforte de Lemos (Lugo) Tfno.: 982 165534
Horario de visitas: De martes a domingo ás 11, 12:30, 16: 30 e 18 horas. Luns pechado

Quenda única: 3 días (23, 24 e 25 de agosto).
Nota: Os participantes deberán vir provistos de vestimenta axeitada para traballar con terra (botas, roupa vella, gorra para o sol, ...etc.). As luvas e demais material necesario corren a cargo do museo.
Obradoiro: Un museo por dentro
Mestras: Encarna Lago, Ángeles Rivada e Raquel Guerrero.

Datas: 7 de agosto de 2007.
Horario: De 11,30 a 13 horas.
Prazas: 50 participantes.
Haberá servizo gratuíto de autobús dende Lugo. Saída: Rúa San Marcos (en fronte da Deputación) ás 10 horas; regreso ás 14 horas. É imprescindible facer a reserva no Tfno.: 982242112.
NOTA IMPORTANTE
O prazo de matrícula para as actividades que o requiren debe formalizarse a partir do 18 de xuño de 2007 nos museos onde se realice a actividade e ata que se cubran as prazas previstas por rigorosa orde inscrición.
As matrícula para todas as actividades é gratuíta.
OUTRAS PROPOSTAS PARA O VERÁN 2007
CARTAFOL DO MUSEO. GUÍA FOTOGRÁFICA DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO (Colección de 75 láminas, conmemorativa do 75 aniversario da creación do Museo Provincial de Lugo)
Calendario de entregas para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro de 2007:
28 de xuño de 2007
2 láminas que se entregarán aos asistentes á Revista oral O pazo das musas.
Dende o sábado, 7 de xullo ata o sábado 22 de setembro (12 láminas)
1 lámina cada un dos sábados comprendidos entre o 7 de xullo e o 22 de setembro de 2007, ambos incluídos.
27 de setembro de 2007
2 láminas xunto co cartafol que se entregarán aos asistentes ao nº 11 da Revista oral O pazo das musas..
REVISTAS ORAIS
O pazo das musas, nº 10. xoves, 28 de xuño de 2007 / 20 horas.
Revista oral de periodicidade semestral, editada polo Museo Provincial de Lugo integrado na Rede Museística dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Lugar: Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1,30 h. Coordina: Antonio Reigosa.
O pazo das musas, nº 11. xoves, 27 de setembro de 2007 / 20 horas.

A voz dos carraos, nº 10. sábado, 29 de setembro de 2007 / 19 horas.
Revista oral de periodicidade semestral, editada polo Museo Provincial do Mar integrado na Rede Museística dependente da Excma. Deputación Provincial de Lugo. Lugar: Museo Provincial do Mar, San Cibrao (Cervo). Duración aprox.: 1,30 h. Coordina: Antonio Reigosa.
MUSEO E XUVENTUDE
SMS URXENTE! Museo+Xuventude
Entre os días 24 e 28 de setembro, cun programa que se dará a coñecer oportunamente, vanse desenvolver unha serie de actos cos que se pretende pór en comunicación o legado que atesoura o Museo Provincial de Lugo e a creatividade dos xoves.
Un proxecto ideado por Rubén Pérez Pombo no que intervirán artistas novos (escritores, pintores, músicos...) que dende o museo levarán á rúa referencias e, viceversa, dende a rúa ao museo alentos anovadores. Contarase coa participación dos centros de ensino. O xoves, 27 de setembro, o número 11 da revista oral O pazo das musas amosaranos o resultado deste proceso de interactividade creativa.
TEATRO
O Marqués de Sargadelos
Grupo de Teatro “A Adala” dirixido por Francisco Piñeiro.
Data: Sábado, 27 de outubro de 2007, ás 20 horas:
Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo
Homenaxe ás Reais Fábricas de Sargadelos e ao seu fundador D. Antonio Raimundo Ibáñez (1749-809), de cuxo nacemento celebramos este 17 de outubro o 258 aniversario.
EXPOSICIÓNS
Pasmadiños e calados furasebes
Esculturas de Xoán Vila
Do 16 de maio ao 22 de xuño de 2007.
Sala da Excma. Deputación. R/ San Marcos s/n.
Arte africana
Colección de Xoán Anllo
Do de maio ao 31 de agosto de 2007.
Sala do Museo Provincial de Lugo. Praza da Soidade s/n.
Sentir, dicir, gozar
Pintura de Dolores Guerrero
Do 27 de xuño ao 31 de agosto de 2007.

Antonio Reigosa
Responsable do Departamento de Comunicación e TIC
Museo Provincial de Lugo (Rede Museística Provincial)
info@museolugo.org / 982 242112 / Fax. 982 240240

Noticias relacionadas
- El castillo Guzmán el Bueno afronta la fase previa a su dotación museística (Tarifa)
- Comienzan las actividades arqueológicas en la Puerta de las Granadas
- Actividades: Seminario de Estudios Medievales Ibéricos (Feb. - Mar. 2007).
- Se inician las actividades arqueológicas en los Baños de Dólar (Granada)
- Los primeros conventos de Lugo
Comenta la noticia desde Facebook
Comentarios
No hay comentarios.